‘La Narrativa del Centenario’ premia un relato inspirado no ‘maquis’ e outro no asasinato de Federico García Lorca

Concurso de Relato Corto ‘La Narrativa del Centenario’. Cerimonia presencial e virtual de anuncio de gañadores

O comité organizador do Concurso de Relato Corto “La Narrativa del Centenario”, con sede en Vigo, convoca una rolda de prensa en forma de Acto presencial e virtual de anuncio de gañadores, que terá lugar no próximo martes, 13 de xullo ás 11:30 no Auditorio Municipal de Teis, da rúa Maceiras s/n de Vigo, coa participación dos autores dos relatos premiados e os presidentes dos xurados.

O concurso, convocado con motivo do Centenario do Partido Comunista de España, contou coa participación de 282 concursantes de 12 países distintos, nas categorías de sénior e júnior, e relatos que foron avaliados por 14 personalidades do mundo académico e da literatura de España e Latinoamérica.

Na categoría sénior a calidade foi tal, que o xurado decidiu outorgar un “gañador” e dous “mencións de honra”, así como a recomendación de publicación de 15 relatos máis, e un “gañador” e un “finalista” na categoría júnior, igualmente con recomendación de publicación.

O autor do relato “gañador” da categoría sénior, recibirá un premio en metálico de 400€, e os autores de ambas categorías a publicación dos relatos no periódico Mundo Obrero e a gravación do mesmo en formato audiolibro por actores profesionais. A Editorial Atrapasueños publicará un libro cos 20 relatos premiados e finalistas.

Os premios serán entregados nunha cerimonia dentro da programación da Festa do Centenario do PCE, que se celebrará en Rivas-Vaciamadrid do 24 ao 26 de setembro próximos, e na que se presentará oficialmente o citado libro de relatos.

O relato gañador do Concurso Sénior está ambientado nos avatares duns personaxes nos estertores da loita da guerrilla antifranquista, e o relato gañador do Concurso Júnior nas derradeiras horas dun fusilado en Granada xunto a Federico García Lorca.

ETIQUETAS:

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.