Muere a los 93 años el camarada Augusto Valencia

Augusto Valencia | Foto: Miguel Villar / La voz de Galicia

Acaba de morrer aos 93 anos, Augusto Valencia. Era unha persoa moi coñecida e querida en toda a cidade de Ourense. Era un home de gran simpatía e sentido do humor. Militante do partido comunista de Galicia desde os anos 60.

En 1970 foi detido co comité provincial do partido, por axudar aos campesiños na súa loita polo «Non Pagar», a cota empresarial agraria. Estiveron detidos con el, Antonio Estevez, Sergio Sandoval, os exguerrilleiros Camilo de Deus e Antonio Pérez Barreiros, Carlos Barros e Manuel Pena-Rey. Estiveron detidos durante sete días porque había un estado de excepción. De aí pasaron ao cárcere. E foron procesados polo Tribunal de Orde Pública.

A Augusto pedíanlle dez anos de cárcere. O xuízo celebrouse en Madrid uns anos despois. Presidiuno Mateu. Entre os avogados defensores estaban Cristina Almeida, José Luis Núñez, Alfonso Pazos, Alfonso Álvarez Gándara e Nemesio Barja. A sala estaba abarrotada, sobre todo con estudantes universitarios da Universidade de Madrid, convocados polos delegados Willi Meyer, Carlos Dafonte e José Manuel García Iglesias, camaradas do partido.

O Tribunal absolveu a todos os procesados.

Augusto vivía desde hai uns anos nunha residencia de maiores onde fai máis dun mes morreron unhas 10 persoas do coronavirus. Augusto contaxiouse pero logrou superalo. Semanas despois faleceu dun proceso respiratorio agudo. Descansa en Paz. Os teus camaradas non che esquecen.

ETIQUETAS:

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.