O pasado 1 de novembro amenceu vandalizado o monolito adicado a memoria dos 11 mártires executados na cuneta por falanxistas na madrugada do 28 de agosto de 1936 en Cangas. O monolito situado na carretera PO-551 entre os lugares de Portela e A Madalena foi pintado completamente de verde nunha clara falta de respeto á memoria dos 11 xóvenes que foron asasinados por seren traballadores defensores da república constitucional no 36. Eran 5 canteiros, 3 mariñeiros, 2 albañiles e un mecánico.
O Partido Comunista de Galicia da Comarca de Vigo condena e rexeita os bárbaros métodos fascistas de ataque aos monumentos que rinden homenaxe ós defensores da democracia e a legalidade, que se veñen sufrindo nas últimas semanas en España. Os autores amosan que volven a utilizar os seus mesmos métodos de sempre, que son a barbarie, o
desprezo a vida e aos dereitos humanos. Facemos un chamamento a poboación de Cangas a movilizarse contra estes actos e denunciamos a pasividade das autoridades xudiciales e policiales ante os mesmos.