Dende Esquerda Unida do Morrazo queremos, nestes momentos de dor e perda, dar noso pésame á familia, ao conxunto dos compañeiros e compañeiras de IU e á cidadanía de Cangas. Xosé Manuel foi un home loitador e nesta última batalla deixounos, pero o seu exemplo estará sempre entre nós. A nosa obrigación é seguir a súa loita, a súa constancia para construír un mundo mellor. Nesta situación de perda, de…