Dende Esquerda Unida do Morrazo queremos, nestes momentos de dor e perda, dar noso pésame á familia, ao conxunto dos compañeiros e compañeiras de IU e á cidadanía de Cangas. Xosé Manuel foi un home loitador e nesta última batalla deixounos, pero o seu exemplo estará sempre entre nós. A nosa obrigación é seguir a súa loita, a súa constancia para construír un mundo mellor.
Nesta situación de perda, de dor, o seu recordo éncheo todo. A súa traxectoria cultural e política, a súa forza. A súa militancia no PCE e IU, a súa traxectoria como Deputado autonómico, concelleiro e segundo mandato consecutivo como Alcalde. Un profesor, un dramaturgo, un militante: o noso Alcalde e amigo. Ata sempre, camarada Pazos.



![Batjargal Baatarzorig (Mongolia), Nomads [Nómadas], 2014.](https://i0.wp.com/mundoobrero.es/wp-content/uploads/2026/11/nomadas_pintura.jpg?resize=150%2C150&ssl=1)



