En memoria del Carlos Blas, de Barco de Valdeorras

(*)

·

·

,

O sábado pasado finou na súa casa do Barco de Valdeorras Carlos Blas.

Ferroviario nado en Madrid viviu dende moi novo de Barco onde desenvolveu toda a súa vida sindical e política. Foi menbro de dirección de Comisión Obreiras de Galicia e do Comité Central do Partido Comunista de Galicia, organizador principal dos traballadores da pizarra, un dos sectores económicos máis importane de Galicia

O comité comarcal organizou baixo a súa dirección o primeiro mitin do PCG das eleccións seráis do ano 1977. Coido que foi proporcionalmente o mitin máis grande que se ten celebrado en ningún lugar nunh vila de menos de 10.000 habitantes, mil persoas encheron o local nunha igrexa nova, aínda en construcción. Alí tamén falou por primeira vez dende o ano 1936 outro insigne Valderrés, Santiago Álvarez, fundador e secretario xeral do PCG. A casa de Carlos e de Fina, a súa compañeira, era o lugar de arribada dos que chegamos de fóra a participar nun acto político ou sindicla no Barco.

A túa exemplar militancia figurará sempre na memoria do noso partido.

Aínda co esplendor na herba

e a gloria nas flores se teñan marchitado xa,

a beleza daqueles momentos compartidos

perdurará para sempre no noso recordo.

(William Wordsworth)

Manolo Peña-Rey. Partido Comunista de Galicia

Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.